Vistas de página en total

domingo, 20 de diciembre de 2020

Pulpeiros

 AVISO: Los amables visitantes de este blog que dispongan en su haber fotografías, textos o documentos que se refieran al contenido de estas páginas y deseen verlos publicados en ellas, remitan una copia al correo pulpopokers@gmail.com. De ser así, será un placer para este redactor incluirlas en este blog.





PULPEIROS




         No pretendemos realizar un estudio exhaustivo de este campo, máxime teniendo en cuenta que, a partir de 1962, año de la primera Festa do Pulpo el número de protagonistas ha aumentado de forma considerable.





O Carballiño, Praza Maior. Carteles de la Festa do Pulpo. M.A. 


         Nos limitamos a dejar constancia de aquellas familias de pulpeiros más conocidas en la época de esta crónica. Entre ellas, se encontraban el señor Sindo Rivera, los Da Crega, los Valeiras, los de O Noso, los Quinteiro, los de Secundino González, A Fuchela … y los Baranda. Casi todos vivían en Arcos, o en las barrios de Rapariz y Framia.


Arcos, Praza da Festa. Outubro 2018. 



Charla con Pepita Baranda
Leiro (Ourense) julio de 2017.


Pepita Baranda. Leiro, julio 2017



         Las tres hermanas Baranda, Pepita, Susa y Aurora siguieron con éxito la tradición familiar.
«Mi abuelo Baranda procedía de Baltanás, un pueblo de la provincia de Palencia, donde tenemos todavía parientes. Recuerdo que, desde chiquitina, acompañé a mis abuelos y a mis padres en sus desplazamientos. Al ser la primera, era su juguete. Viajábamos en carro y, cuando era preciso, dormíamos en las caballerizas con los animales.»
         De las tres hermanas, Pepita era la pulpeira más conocida en los años sesenta, la época en que se sitúa esta crónica. Lo era porque era campechana y alegre y poseía una voz excepcional.


Susa Baranda, Antolina Pereira, Pepita Baranda y Dolores González Pereira.



       Era, además, una "moza" decidida. Con veinte años tuvo la osadía, entonces lo era, de desplazarse a Madrid con su hermana Susa a despachar pulpo durante un mes en la Feria del Campo. Una foto posterior, en la que aparece acompañada de su hermana Aurora, preside la mesa-tocador de su habitación.


 Aurora, Pepita, Manuel Fraga, José María Aznar, Xosé Cuiñas. Feria del Campo, Madrid.


         Pero, además, Pepita poseía una voz excepcional. Por casualidad, subió a los escenarios con doce años durante una función de “varietés” que se celebró en el Cine Alameda.
         «Conseguí que mi padre me diese las dos pesetas necesarias para pagarme la entrada y me planté en primera fila para no perder ni un detalle del espectáculo. A mi lado se sentó una niña desconocida que resultó ser la hija del empresario. Le pedí que le dijese a su padre si me dejaba subir al escenario. Y así fue como debuté cantando Los arbolitos
         Nunca se dedicó profesionalmente al espectáculo, pero siempre estaba dispuesta a complacer a los que solicitaban su participación cantando en festejos y actividades culturales.

         Participó cantando con su gracia habitual en la función que la rondalla y el grupo Los Póker ofrecieron en el cine Alameda durante los carnavales de 1963. Recordamos con cariño aquella participación.





Charla con Paco Valeiras e Susa Baranda
Carballiño, febreiro 2017


Paco e Susa. O Carballiño, domicilio particular. Xullo 2017


Susa Baranda

         «Andar agora co pulpo e un luxo, afirma Susa. Antes, aquilo era un purgatorio. Pois iso. Mazar no pulpo, lavalo, carretar auga e leña, prender o lume, cocelo pulpo e gobernalo. E así eran as cousas.»
         «Chegábanos o pulpo fresco do Grove, de Cangas ou de Bueu en sacos ou en caixas de trinta quilos. Traíao o Auto Industrial e tamén O Capiro. Ao Auto Industrial había que ir buscalo cunha carretilla. O Capiro traíao a casa.»
         «O saco de trinta quilos de pulpo había que vendelo en dous días. Cando non se vendía era una vida perdida. Non había cámaras, non había neveira. De iso é mellor non falar.»
         «Pero logo, había que lavalo e mallar nel. Con dezaseis anos, A miña nai espertábame cedo. Máis dunha vez ouvín dar as catro da madrugada do reloxo indo ao Carrás, onde eu ía lavar o pulpo. Eu tiña moito medo, porque inda non había a gasoliñeira nin o edificio do Ran. O único que había era o do Fraguas.»
         «Ademais, non parabamos. Botabamos días por aí adiante sen descanso. O catro iamos a Taboada, o cinco a Chantada, o seis, xa non sei onde iamos.»

Programa de fiestas de Septiembre, 1964

         «Normalmente, a miña familia viaxaba sempre co Rivera.

Pepe Rivera, el la ventanilla 

     
        «Pero cando iamos de cara a Lugo, deixabamos o Rivera e iamos co Farruquiño.  Iamos a Taboada, a Chantada, a Monterroso e algunhas veces A Golada. Eu era nova pero teño ido a Melide, e tamén a Lugo. Nós andabamos en tódolos sitios.» 
     «E despois nós tíñamos uns tíos, os de O Noso, co que iamos a Santiago.»
         «No coche da feira levabamos todo: o pulpo lavado, a caldeira, os pratos, a leña e o condimento.»
         «Mais para alá de Ourense, nós faciamos Xinzo, Maceda. Iamos no Rivera nós, que éramos moitos. Ían tamén a miña tía a do Noso e o Secundino.»

Secundino González

         «Tamén ían os da tía Crega, que tamén eran moitos.»

Carmen Rodríguez, "A Crega"
       «Ía unha que nós chamabamos a Landeira. Ía o Campos. Case todos volviamos a casa. Pero os de Lucía Landeira non viñan a casa. Durmían en Ourense, na Ponte, e facían A Merca, Alariz, e as festas que houbera por aí e chegaban hasta Verín.»
         «Nós facíamos a de Ribadavia. Tamén ían as miñas tías Barandas. Alí ía tamén o señor Laureano e a Esperanza. E o señor Sindo Rivera. O señor Sindo era o capitán dos pulpeiros.»

Señor Sindo Rivera
                 «Cando eramos mozas, tamén fomos á Feira do Campo a Madrid, a primeira vez eu tiña dezaoito anos. A min Madrid matábame. Eu cheguei alí con cincuenta quilos e volvín con corenta e tres. Eu a carne non a podía tragar. Algunha vez fomos a Barcelona.»
         «Daquela, miña irmá e eu ganabamos ao día 60 pesetas, trinta para cada unha. Era un sueldo que non o tiña todo o mundo.»
         «A miña irmá Pepita era unha bandoleira. Gustáballe moito poñer as caldeiras de punta a punta. Si había trinta caldeiras, unha púñase ao principio e a outra púñase no fondo. Ti podes crer que eu gastara nun día unhas zapatillas novas. Fomos todos co pulpo a Santiago, ao Apóstolo. Eu ía carretar auga á Alameda ou onde a houbera e levaba todo o que había que levar. E despois, de tanto carretar para alá e para acá, pola noite, as zapatillas estaban para tirar con elas.»
         «Cando meus pais ordenaron facer a casa por aquí en Rapariz, o primeiro que fixeron foi o pozo e o tanque. Xa non tiña que ir lavar e mazar o pulpo ao río. Tiña entón dezasete anos. Agora, dicía eu, que chova ou que non chova, eme igual.»

 Rapariz, años sesenta. (Miguel Anxo, p. 57)

         «Aí polos anos sesenta, cando eu tiña uns vinte anos, meu pai acordou de comprar un coche. Ao ir no coche da feira con todos os pulpeiros, andabamos todos ao par. Nin nós tíñamos o pulpo cocido antes que os outros, nin ao revés. Entón meu pai pensou que si aparecera un cochiño por aí iso arranxábase. E apareceu a ocasión dun coche de punto que vendía un xenro dos Caxoto. Meu pai apalabrouno, pero non o comprou porque miña nai e miña irmá puxéronse como dúas lobas.»
         «Miña nai enfadouse, porque resulta que acababamos de facer a casa e o coche era de gasóleo e custaba sesenta mil pesetas. Miña nai en vez de ir a feira con meu pai íase con miña irmá Pepita. Estiveron tranquilamente uns tres meses traballando separados.»
         «Eu defendía ao meu pai e animábao a que o comprase. Finalmente a miña nai cedeu e gustoulle o coche, porque era bonito, para de aquela. E mais, durouche ben.»
         «Meu pai era moi mañoso e preparouno. Abriu unha porta por detrás para levar todo. E alí ían miña nai, meu pai, a Pepita, eu e as cousas todas que había que levar. Daquela Aurora era pequena.»
         «Tendo o coche, cando os outros pulpeiros chegaban no coche da feira, xa nós botabamos o pulpo. Cando eles gobernaban para botar o pulpo, nós xa o vendiamos. Tamén, as veces, cando os que mandaban o pulpo enganábanse, chamaban a casa para avisarnos, porque puxemos o teléfono cando fomos vivir na casa nova. Co coche iamos buscar o pulpo onde fora.»
         «Miña irmá Pepita e mais eu, casámonos o mesmo día. E seguimos traballando no pulpo. Tamén taballei moito tempo con Aurora.


Mercedes (Lugo) y las Barandas: Aurora, Luisa  y Susa

         Pero chegou un día en que eu xa non quería que o meu marido andara co camión. El non quería que eu andara nas feiras. Tiñamos un neno de dous anos e non o queriamos deixar abandonado.»

Paco Valeiras en el interior de su bar con su hijo Paco. (Potiños, 2019)
         «Aconteceu que se traspasaba unha froitería, no sitio onde vivía a Filomena, na súa bufarda, no número 19 de Curros Enríquez (daquela era General Mola). Paco pensou en poñer o que non había no Carballiño: abrir un bar do pulpo.»
         «O bar do Pulpo abrímolo en 1966. Alí estiven traballando trinta anos. E criando a os fillos. Era un bar decente. Non había unha persoa que che faltara ó respecto. E si che faltaba, xa se encargaban os clientes de botalo fóra.»

Día de feria. Aurora Baranda vendiendo pulpo en una de las puertas del Bar del Pulpo.

         
«E ademais como tiñamos coche saíamos ás festas cando pechabamos. Marchabamos a iso das catro da tarde e quedabamos alí ata a noite. Faciamos as festa de Arnoia. A festa da anguía en Castrelo do Miño. Iamos ás de Vigo, a A Garda, a Pontevedra, á festa de Ponte Arnelas en Vilanova de Arousa, á do viño de Barrantes. Alí botabamos tres ou catro días, como cando iamos ás de san Froilán en Lugo.»


Susa Baranda en Lugo.

         «Tamén faciamos as festas da contorna, había algunhas que nolas daban a nós, como o San Benito de Cuñas, cerca de Leiro. A outras iamos dos ou tres pulpeiros e había que compartir. Ao día seguinte abriamolo bar e ninguén se decataba si andaramos en festas. Así foi. Traballando toda a vida.»

Paco Valeiras

         «Cada familia tiña a súa ruta, precisa Paco. A miña familia, os Valeiras, os Quinteiro e outros iamos co Torres a O Tellado, a Soutelo... Onde cadrara. Tamén viña a Fuchela.»

A Fuchela, restaurante Fuchela (O Carballiño). Junio 2019.

         «Pero á parte das feiras, no verán, preparabamos o pulpo para a campaña do Nadal. A veces, viña xa seco. Senón, tal como viña do mar, había que colgalo de cordas para que escorrera. Colgábase sen lavalo, porque non lle viña ben lavalo con auga doce. Dábaselle a volta para lle dera ben o sol.»

Secando el pulpo


         «E despois, cando estaba seco, mazábalo cunha táboa que se facía cun casqueiro. Tiña que ser ancha e que non tivera arestas para non cortar os rabos ao mallar nel.»

De rodillas: María Justo, Aurora Justo y Sira Mosquera. De pie: Sira Valeiras.


         «Unha vez seco e mazado, empaquetábase enlazando un pulpo con outro hasta facer un paquete dunha arroba, mais ou menos, e logo atábase con cordas. Para preparalo, había que votalo a remollo como o bacallau, un día ou así, lavalo e logo cocelo. Era o mellor pulpo que había.»






Charla con Camilo Lage "Ruzo"
Carballiño 29 de setembro de 2017.




Carballiño, Camilo na trastienda da Gazpara, outubro 2017

         «En realidade ao principio dos anos sesenta, o meu ramo non era o do pulpo. O meu ramo foi o da construción, desde os catorce años. Botei boa parte da miña vida na albanelería. Pasei uns anos polo mundo adiante, en Alemaña e en Bilbao.»

         «Pero ademais do meu traballo na construción, participaba tamén nos traballos da familia. Acórdame que con nove anos xa traballaba co meu tío Florindo Ruzo, o mellor pulpeiro de Arcos. Eu levaba o pulpo ao lombo e, despois de mazalo, lavábao nas pozas de Arcos, alí onde as mulleres lavaban a roupa, ou no río ou onde houbera auga. Cando iamos as romarías faciámolo nos regueiros.»

         «Mais tarde meu tío fixo un pozo e un tanque diante da súa casa, no campo da festa de Arcos. Eu picáballe a leña e metíaa nos sacos que levabamos as feiras. Eses mesmos traballos tamén os fixen cando meus pais traballaron no pulpo.»

         «Eu saía ás feiras co meu tío nun carro dunha besta. Daquela coches particulares había poucos. Cando iamos ás feiras do Tellado, da Gouxa e á de Cea, marchabamos de noite pechada e nas mañás de xeada, eu ía no carro tapado cunha manta. Como a besta non corría moito, tiñamos que marchar cedo e chegar con tempo para descargar, prender o lume, cocer o pulpo e ter todo preparado. Meu tío vendía moito pulpo, máis de cen quilos. Era o que máis vendía de Arcos. Ás outras feiras iamos nun coche dos de Dacón. Poucas veces viaxamos co Blanco. Normalmente iamos co Torres. E despois co seu xenro o Luciano, cando se independizou.»

         «Collín este bar, A Gazpara, hai vinte anos. Foime ben. Non me podo queixar. 



Camilo en plena faena.


     Agora chegou o momento de pechar. O día 2 de outubro ímonos definitivamente. Agora imos facer o que eu facía antes de coller A Gazpara. Imos preparar comidas de encarga na miña casa de Arcos, onde teño un comedor para cincuenta persoas.»
  
A Gazpara, comedor. Septembro  2017

 
A Gazpara, 2 de outubro 2017, véspera de pechar. 

A Gazpara, 2 de outubro 2017, véspera de pechar.

                            





Charla con Camilo González Pereira, “Tupino”
4 de outubro de 2017.




Carballiño, A Uceira.  Outubro, 2017  

         «Nas fechas indicadas, chegando aos anos sesenta, eu non era o que se di un pulpeiro. Eu traballaba entón nas Carrocerías Piñeiro.»

         «Pero sempre que podía axudaba miña nai. Botei moitos anos con ela traballando na Gazpara os días de feira e nas festas.


 A Gazpara, anos 60. (Potiños, 2019)

     Amais Faciamos Cartelle, Ribadavia, Ourense e as festas dos arredores do Carballiño. Naquela época as festas duraban ata tarde, volviamos ben pasada a medianoite. A xente comía entón mais pulpo pola tarde que a mediodía. »

         «O pulpo chegaba fresco en sacos a Barbantes. Logo o Capiro subíao ao Carballiño. Había que mazalo para podelo lavar. Naqueles anos eran poucos os que tiñan tanque na casa, como o señor Sindo Rivera en Catro Camiños. Lavabamos o pulpo nunhas pozas que había para regar os eidos. Tamén íase lavar ao río, pola ponte que hai para ir á Piteira, onde as mulleres ían lavar a roupa. Acórdame tamén de ir a lavalo onde o matadoiro en Toscaña. »

O Carballiño, lavadero de Toscaña. Conserva su aspecto original.Julio 2018. 


         «Ás feiras iamos, en un principio, co Blanco.»




     «Iamos co Torres a Cartelle et logo co seu xenro, o Luciano, cando se independizou.»




          « Outras veces iamos co Rebusco.»


Camilo Rodríguez "Rebusco".

           «Cando eu traballaba nas Carrocerías Piñeiro fixemos algún vehículo para el. Nos coches da feira levabamos todo o que cumpría. Levabamos o pulpo limpo, os pratos, o aceito e demais. Levabamos a leña picada metida en sacos. A Cartelle non a levabamos, porque a colliamos na fábrica de madeira do Arocas, do Ponciano, o marido da Cinta, que naceu nunha aldea de Cartelle. »

         «Connosco ía todo Arcos, onde nos viviamos. As familias eran coñecidas polo seu alcume. Ían os Crego, os Landeira, os da Pedrada, Os Velas, os do Campos. A min coñécenme po lo alcume do meu pai, Tupino, que naceu na Carreira. Pero miña nai era de Arcos e lle chamaban A Pita. »


         «Nos invernos pasábase mal nas feiras, porque, sobre todo cando chovía, no tiñamos nada para taparnos. Non era como agora, que vas no teu coche e tes un toldo. Se non se vendía a cosa ía mal, porque o coche de feira había que pagalo igual.»

         «Cando a feira non era boa, tiñamos que facer de porta a porta. Eu acórdame en Ribadavia, ao acabar a venta, a iso das tres, o pulpo que quedaba sen vender, o que che sobraba, metíase nun caldeiro e iámolo a vender polas casas. Dicíame a miña nai, vai recollendo ti que eu vou ver se vendo isto. E ela vendíao a como o pagaran. Ofrecíalo a xente e a xente se lle parecía barato, comprábao. Miña nai tiña que facelo así porque tiña poucas feiras. »

         «O pulpeiro que tiña feira ao outro día, o pulpo sobrante ainda o levabas. Había pulpeiros en Arcos que facían feiras de seguido e podían gardar o pulpo dun día para o outro. Pero fora quen fora, todo o mundo trataba de vender o pulpo que lle quedaba ese mesmo día. Cando non se vendía no sitio da feira, vendíase por aquí, por onde a túa casa, por Rapariz, e se era necesario ían por alá arriba ata Seoane. »

         «Cando se pescaba moito pulpo e abundaba, os pescadores secaban o pulpo nuns barales na beira do mar. O pulpo secado ca brisa do mar tiña una curación perfecta. A brisa do mar seca moi ben e queda o zume do pulpo e dálle un gusto especial a marisco. Cando nos chegaba así, seco e curado, había que botalo a remollo. »



Pulpo secando "na beira do mar".


         «Tamén nós, cando non se ía á feira por algún motivo ou non se vendía, colgabamos o pulpo para que se curara e secara nuns varais. O que non tiña varais tiña unhas cordas. Pero de secalo a beira do mar ao secalo aquí hai un abismo. Aquí curábase mal e, ademais, as moscas facían o que lles petaba no pulpo. E certo que despois todo iso desaparecía ao lavalo y ao cocelo. »

         «Acórdame que había unhas zonas onde iamos vender o pulpo que sobraba e que non estaba xa moi católico, e cheiraba de moita madre. Iamos sobre todo a Xinzo de Limia. Hoxe Xinzo está moi ben, pero daquela estaba moi atrasado e alí vendiamos o pulpo e as cabezas que non había maneira de vendelo noutro sitio. Daquela non se vendía o pulpo por racións. Axustábase o pulpo por rabos e se regateaba. »

         «Eu empecei realmente co pulpo cando marchei do Piñeiro. Meu pai morrera e entón fixen moitas feiras con miña nai. »

         «Logo tiven as cámaras moito tempo en Framia, na rúa de Cea. Foime ben. »

O Carballiño, Framia


         «E fai un tempo que montamos esta nave aquí na Uceira. A parte do reparto, temos unha cadea de cocido e envasado ao vacío e estamos traballando a tope. »



O Carballiño, A Uceira.


         «Ademais, xa saberás que Camilo Ruzo deixa A Gazpara. Colle o negocio unha sociedade formada polo fillo do Guapo, o rapaz que ten en Madrid o restaurante Lua e mais os meus fillos. Despois da súa avoa e de min, eles van seguir facendo que se despache o pulpo na Gazpara

O novo proxecto para a Casa Gazpara chegará da man do cociñeiro carballiñés Manuel Domínguez, que conta cunha estrela Michelín no seu restaurante Lúa de Madrid. O edificio será remodelado na súa totalidade -o restaurante só ocupaba a pranta baixa, das tres que ten- e as previsións pasan por abrir de novo ao público na próxima primavera
(La voz de Galicia)



O Carballiño, A Gazpara. Foto Diz, mayo 2018.



No hay comentarios:

Publicar un comentario